CLAUSURA DO PROXECTO DE EA
O pasado venres día 30 de maio tivo lugar a clausura do proxecto de Educación Ambiental “Propostas de Cómics e Guións cinematográficos pola sustentabilidade“, que se desenvolveu nos Concellos de Ames, Arteixo, Cerdedo, Corcubión, Laxe, Lalín, Miño e Pontecaldelas, durante este curso lectivo 2007/2008. O acto consistíu na presentación do Cómic gañador en formato multimedia, titulado “¿Canta luz precisamos?” e elaborado por Ana Fuentes Camaño, Santiago Veciño Lema, Lucía Devesa Albarés e Alba Camosa Mira da clase de 5ºA de primaria do CPI Cabo da Area de Laxe; e tamén da Curta gañadora, rodada a partir do guión cinematográfico elaborado por Mariana Crocco García, Olalla Añón Hermida e María Villar Gómez do Instituto Sagrado Corazón de Lalín, e titulado “A axuda de Alicia“.
O acto estivo presentado polo Educador social Ramón Molina, e tivo como invitado a Manuel Salgado Blanco, Xefe de Servizo de Educación para a Sustentabilidade da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Ademáis, asistitiron ao acto representantes dos concellos participantes e promotores da web educacionambiental.eu, así coma a meirande parte da mocidade participante no proxecto educativo posto en marcha por SIGNO e ARELAR.
Atopados baixo a categoría Actualidade | Comentario (0)
Gañador do concurso de cómics
Xa podedes ver na canle EAtube o resultado do concurso de cómics. Os gañadores son 4 rapaces e rapazas do CPI “Cabo da Area” (5ºA) de Laxe .
Xornada de presentación da iniciativa educacionambiental.eu
O venres 30 de maio, ás 17:00 horas, terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (Santiago) a presentación da iniciativa educacionambiental.eu
Ao acto asistirá un representante da Consellería de Medio Ambiente e desenvolvemento Sostible, os representantes dos Concellos e máis os rapaces e rapazas que participaron nesta iniciativa.
No acto proxectaráse a curtametraxe “A axuda de Alicia” gañadora do concurso de curtametraxes e tamén o cómic multimedia gañador do concurso de cómics.
Atopados baixo a categoría Actualidade | Comentario (0)


