Os comentarios non están permitidos.
Presentación
Benvidos á iniciativa edicacionambiental.eu
educacionambiental.eu é unha firme aposta pola sostibilidade, polo fomento e posta en valor de actividades, ideas e accións vencelladas á Educación Ambiental e ó Desenvolvemento Sostible pero que teñan repercusión e perduren no tempo e no recordo. Somos conscientes, segundo reza a EGEA, que
“a administración local como ente público máis próximo ó cidadá é a que ten máis oportunidades de servir de plataforma para a participación social, poñéndose ó servicio de iniciativas sociais existentes ou fomentando que xurdan outros procesos participativos nos seus territorios”.
Así pois, e seguindo as recomendacións da EGEA, ponse en marcha baixo o dominio educacionambiental.eu este espacio colaborativo en forma de portal WEB, que pretende ser a xerme do espacio común para a educación ambiental dos Concellos de Galicia.
E o noso desexo que a éste espazo común se vaian sumando outras iniciativas, outras inquietudes e novas aportacións, conformando así unha verdadeira Rede a prol da Educación Ambiental que teña repercusión non so a nivel local, si non tamén que deixe pegada fora da nosa Comunidade.
Atopados baixo a categoría Principal |
